Este tribunal, nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo, unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 27 de maio de 2024 pola que se deu publicidade ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo, en sesión do 8 de xullo de 2024,
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar a única alegación presentada na súa totalidade.
Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.
Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024
Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal