Mediante a Orde do 13 de maio de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería, do 13 de maio de 2024, e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.
O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro. A Xefatura de Persoal do centro onde cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que acade o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.
As dilixencias de cesamento e toma de posesión efectuadas serán tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2024
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Datos do/da funcionario/a:
Nome e apelidos: Cristina Serramito Calvo.
Número de rexistro de persoal: **** 386424 A205F.
Corpo ou escala: corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escala técnica de Finanzas).
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: Servizo do Equipo de Auditoría do FSE.
Código do posto: FC.C03.00.004.15770.018.
Nivel: 28.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.