Conforme o disposto no artigo 87 da Lei 5/1998 de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral ordinaria de Residencial M12, S. Coop. Galega de Vivendas, que tivo lugar o 6 de xuño de 2024, acordouse, por unanimidade de votos, a disolución da sociedade cooperativa por cumprimento do seu obxecto social, así como o nomeamento de liquidadores.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024
Sonia García Fuentes
Ana María Otero Rendo
Manuel Pacior Pérez
Liquidadores