Mediante a Resolución desta alcaldía, do 17 de xuño de 2024, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a reordenación de volumes que se van desenvolver na parcela con referencia catastral 9859801NH0001HG, situada na avenida Rodrigo de Mendoza, s/n, esquina rúa Ramón Cabanillas, promovido por ORV Contrataciones de Galicia, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Berride Abalo, asinado dixitalmente o 10 de abril de 2024.
Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.
O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://sede.vilagarcia.gal).
Vilagarcía de Arousa, 17 de xuño de 2024
Alberto Varela Paz
Alcalde