Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas para ser notificadas por comparecencia da resolución de baixa/denegación/inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinala no anexo.
O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 12 de xullo de 2024
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Acto obxecto de notificación: baixa no rexistro de demandantes
|
Expediente/credencial |
DNI/NIE |
|
95094 |
32712182H |
Acto obxecto de notificación: denegación de inscrición
|
Expediente/credencial |
DNI/NIE |
|
VI428C-974542 |
34896259S |
|
VI428C-974637 |
47438717K |
|
VI428C-974644 |
47388490A |
Acto obxecto de notificación: resolución de inscrición
|
Expediente/credencial |
DNI/NIE |
|
110985 |
49474221W |
|
111892 |
46902457Y |
