DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo á persoa interesada.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e do portal de notificacións electrónicas Notifica.gal, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o comunicado de desconto de haberes.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do comunicado e os seus anexos, e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do comunicado no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 9 de xullo de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

NIF persoa interesada

Acto que se notifica

Autoridade que o adopta

10853976T

Comunicado de desconto de haberes

Directora territorial