DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de xullo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Monterroso (expediente DH.A27.101268).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ganadería Silvarela TC.

DNI: ***8522**.

Expediente: DH.A27.101268.

Volume total anual: 3.087,9 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,5 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: x=598545, y=4739196 (fuso29 ETRS89).

Lugar: O Vilar.

Parroquia: Pol (San Cibrao).

Concello: Monterroso.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consistirá na captación de auga dun pozo de barrena de 120 m de profundidade e 160 mm de diámetro, mediante electrobomba somerxida de 2 CV, e a súa condución mediante tubaxe de 32 mm ata a nave sita na parcela de R.C. 27032A045007170000PT.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro