O Pleno, na sesión ordinaria do 5 de xullo de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«6.1. Aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación dos volumes edificables nas parcelas 5, 6 e 7 da ordenación do Plan especial de reforma interior (PERI) da zona 1 do sector urbano 48 (SU-48), do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) DE 1986 de Ourense. Documento de aprobación definitiva (expediente Cividas 2024010639)».
O secretario dá conta do ditame da Comisión do Pleno ordinario do 28 de xuño de 2024 que, por seis votos a favor do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e do Grupo Municipal do Partido Popular, así como tres abstencións do Grupo Municipal Socialista e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, ditamina favorablemente a proposta da Concellería de Urbanismo, que se incorpora ao expediente.
O Pleno do Concello, por unanimidade dos concelleiros presentes, adoptou o seguinte acordo:
«Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación dos volumes edificables nas parcelas 5, 6 e 7 da ordenación do Plan especial de reforma interior (PERI) da zona 1 do sector urbano 48 (SU-48) do PXOU de 1986 de Ourense na súa versión de documento de aprobación definitiva (documentos 72 e 73 do expediente administrativo electrónico) a demanda da Xunta de Galicia, Instituto Galego da Vivenda e Solo.
O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa urbanística publicarase no Boletín Oficial da provincia de Ourense.
Así mesmo, unha vez efectuada a dita publicación, remitiráselle á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia, xunto coa documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei de Galicia 2/2016, para os efectos de inscribir o estudio de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polos artigos 82.4 da Lei de Galicia 2/2016 e 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.
O contido íntegro do estudio de detalle aprobado e unha vez que entre en vigor poderase consultar fisicamente nas dependencias do Servicio de Planeamento e Xestión urbanística e de forma dixital na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://ourense.gal/gl/servizos/urbanismo-licencias-y-vivienda, na epígrafe de planeamento vixente.
Ourense, 5 de xullo de 2024
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
