DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 30 de xullo de 2024 Páx. 44950

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Curros Enríquez.

Mediante a Resolución de Alcaldía con data do 19 de xullo de 2024, aprobouse inicialmente o estudo de detalle na rúa Curros Enríquez. Atopándose clasificado o solo do seu ámbito, como solo urbano consolidado e cualificado como de usos mixtos, espazo libre e dotacional.

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de acordo co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Durante o devandito período poderanse formular as alegacións que se estimen pertinentes, atopándose o expediente de manifesto nas oficinas da Secretaría municipal deste concello. Así mesmo, estará a disposición na sede electrónica deste concello (http://concellodecospeito.sedelectronica.es).

Así mesmo, faise público que, en aplicación do artigo 47 da Lei 2/2016, e do artigo 86 do Decreto 143/2016 suspéndese o outorgamento das licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición, polo prazo de dous anos, no ámbito de solo urbano afectado pola aprobación do estudo de detalle, dado que as determinacións que se conteñen no mesmo supoñen unha modificación da ordeación urbanística vixente no dito ámbito:

O espazo inmediato ao trazado da rúa Curros Enríquez abarcando pola zona norte, desde o centro de día, as parcelas enteiras que teñen fronte á citada rúa; polo sur, a estrada LU-111, incluíndo as parcelas que teñen fronte simultánea a esta e á rúa obxecto de estudo de detalle; polo leste, as parcelas enteiras con fronte á rúa, e polo oeste de igual xeito, a excepción da gran parcela destinada polas normas subsidiarias de planeamento (NNSSP) a espazo libre e zona verde.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentasen alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Cospeito, 19 de xullo de 2024

Armando Castosa Alvariño
Alcalde