De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 13 de xullo de 2024, mediante a Resolución da Alcaldía número 1938/2024, foi aprobado inicialmente o proxecto técnico de desprazamento do eixo da vía CM-001 con execución de pantalla de pilotes, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alejandro Peña López.
Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública polo período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
|
Nº |
Ref. catastral |
Titularidade |
|
1 |
15005A095000040000PZ |
Bruesa Inmobiliaria, S.A. |
|
3 |
15005A095004850000PZ |
Sande Pardo Mercedes Vázquez Corral Josefa Vázquez Corral María Dolores Vázquez Corral María Isabel Vázquez Sande Mercedes Vázquez Sande Marcos |
Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo nº 249, 3ª planta, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puider efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/15, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 15 de xullo de 2024
O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural
