De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles as persoas denunciadas cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formularen alegacións e, de ser o caso, propoñeren proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.
Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.
Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.
Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación deste acordo, para identificaren, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente. Matrícula Denunciante. |
DNI denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 12-48-24-389 9748-MDS Gardapeiraos |
X4871877V |
Estacionamento prohibido 30.4.2024; 11.01 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-405 2193-BDT Gardapeiraos |
53798454M |
Estacionamento prohibido 10.5.2024; 17.40 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-429 1345-JVX Gardapeiraos |
39462052D |
Estacionamento prohibido 22.5.2024; 20.20 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-444 7251-BKN Gardapeiraos |
53480930L |
Estacionamento prohibido 27.5.2024; 11.14 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-447 8807-JCB Gardapeiraos |
X1797879S |
Estacionamento prohibido 29.5.2024; 14.32 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-455 9340-MDW Gardapeiraos |
52450611P |
Estacionamento prohibido 30.5.2024; 11.57 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-24-465 3989-HRH Gardapeiraos |
54152334F |
Estacionamento prohibido 18.5.2024; 14.27 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-27-24-184 2598-FRY PAFIF |
36061571D |
Estacionamento prohibido 16.5.2024; 12.30 horas Panxín (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-38-24-51 9146-BNS Garda civil |
35472622K |
Estacionamento prohibido 26.5.2024; 17.37 horas Cobres, Vilaboa (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
