DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 45052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0904/2023-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0904/2023-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 17 de xullo de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0904/2023-PPM

Y3869497Z

Inicio

Alcalde Antonio Pariente, 11 B, Valdemoro

PSC-PO-0298/2024-PRE

35315157Z

Inicio

Pedralta, 18, Hío, Cangas

PSC-PO-0356/2024-PPM

35291648B

Inicio

Valado, 53, Bueu

PSC-PO-0377/2024-PPM

36175025G

Inicio

Laureano Salgado, 3, Baiona

PSC-PO-0378/2024-PPM

36158356X

Inicio

Laureano Salgado, 3, Baiona

PSC-PO-0431/2024-PPM

77419169L

Inicio

Lugar Mourelos, 66, Sanxenxo

PSC-PO-0439/2024-PPM

35458339K

Inicio

Virxe das Mareas, 50, O Grove

PSC-PO-0441/2024-PPM

36100764X

Inicio

Areas, 22, Baiona