En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Andrés Purriños García.
DNI: ***8281**.
Expediente: DH.W15.98780.
Lugar: Cendá.
Parroquia: Ambroa (San Tirso).
Concello: Irixoa (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Rehabilitación de edificación existente para súa adaptación a vivenda e peche de parcela.
O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar (15008) da Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.
O interesado poderá presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 21 de xuño de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
