DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 45063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da rúa Bernárdez Sotelo.

O Pleno do Concello de Moaña, na súa sesión do día 30 de maio de 2024, acordou aprobar definitivamente o Estudo de detalle promovido por Cordeiro, S.L. para reaxustar a aliñación na rúa Bernárdez Sotelo, Moaña, nas parcelas coas referencias catastrais 1923020NG2812S0001GK e 1923021NG2812S0001QK.

Os documentos que integran o estudo de detalle son:

• 36029_ED_202403_AD_MX_01.PDF (memoria descritiva e xustificativa).

36029_ED_202403_AD_MX_02ANX_VIXENCIA (ficha da vixencia do planeamento tras a aprobación do documento en tramitación no ámbito de actuación).

Planos:

36029_ED_202403_AD_PINF_01. PDF.

36029_ED_202403_AD_PINF_02. PDF.

36029_ED_202403_AD_PINF_03. PDF.

36029_ED_202403_AD_PINF_04. PDF.

36029_ED_202403_AD_PORD_01.PDF.

36029_ED_202403_AD_PORD_02.PDF.

36029_ED_202403_AD_PORD_02.PDF.

O estudo de detalle aprobado definitivamente estará á disposición das persoas interesadas no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia e no Portal de transparencia do Concello de Moaña, ao que se accede a través da sede electrónica do Concello de Moaña (https://concellodemoana.sedelectronica.gal) e localizado no indicador 6.1. Urbanismo, obras públicas e ambiente/ planeamento urbanístico.

Contra o presente acordo, ao tratarse da aprobación definitiva dunha disposición de carácter xeral, non cabe ningún recurso en vía administrativa, senón unicamente un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

Moaña, 9 de xullo de 2024

Leticia Santos
Alcaldesa