DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 45065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO de información pública da modificación puntual número un do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontecesures, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 27 de maio de 2024 de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste Concello:

(http://pontecesures.sedelectronica.gal).

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas no ámbito obxecto da modificación puntual cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, a cal terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva.

Pontecesures, 5 de xullo de 2024

Mª Teresa Tocino Barreiro
Alcaldesa