Ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, con data do 26 de xullo de 2024, o Consello Consultivo de Galicia comunicou o cesamento de José Luis Costa Pillado como conselleiro electivo e presidente do Consello Consultivo de Galicia, por incompatibilidade sobrevida, ao ser nomeado vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, con efectos do día vinte e catro de xullo.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xullo de dous mil vinte e catro,
DISPOÑO:
Que cese José Luis Costa Pillado como conselleiro electivo do Consello Consultivo de Galicia, por incompatibilidade sobrevida, con efectos do día vinte e catro de xullo de dous mil vinte e catro.
Santiago de Compostela, vinte e nove de xullo de dous mil vinte e catro
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes