DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45076

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2024 pola que se dá publicidade dun encargo a medio propio realizado á empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para o apoio técnico e administrativo na xestión da intervención acordada respecto dos contratos de servizos de transporte sanitario de Vigo.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e o artigo 16 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dáse publicidade da Resolución do presidente do Servizo Galego de Saúde, do 24 de xuño de 2024, pola que se encarga á empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), como medio propio personificado, para o apoio técnico e administrativo na xestión da intervención acordada respecto dos contratos de servizos de transporte sanitario de Vigo.

– Actividades:

Constitúe o obxecto do encargo a realización por Tragsatec, como medio propio, da execución das actuacións para o apoio técnico e administrativo na xestión da intervención acordada respecto dos contratos de servizos de transporte sanitario de Vigo.

A empresa pública Tragsatec encargarase de realizar as seguintes tarefas, explicitadas no anexo da resolución:

1. Tarefas técnicas e auxiliares necesarias de apoio á intervención do servizo de transporte sanitario acordada respecto dos servizos de transporte sanitario urxente e non urxente da Área Sanitaria de Vigo, obxecto da intervención (expediente AB-ASV1-21-003 Área Sanitaria de Vigo e expediente AB-FUS1-19-001, lote 14, Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061), vinculadas ao obxecto do encargo.

2. Revisión e seguimento da confección de nóminas dos traballadores do servizo por parte da empresa adxudicataria do servizo intervido.

3. Análise e seguimento das eventuais reclamacións dos empregados da empresa adxudicataria dos dous servizos intervidos, en relación coas nóminas actuais e as correspondentes ao período comprendido entre xaneiro de 2024 e maio de 2024.

4. Revisión e seguimento de pagamentos pendentes as empresas colaboradoras e provedores por parte da empresa adxudicataria do servizo intervido.

5. Elaboración dos informes técnicos que lle sexan solicitados pola intervención do servizo, sobre as funcións especificadas.

6. Prestar apoio técnico na elaboración dos pregos para as contratacións relacionadas cos servizos de transporte sanitario intervido.

– Natureza e alcance:

Encargo a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Financiamento:

Para a realización dos traballos obxecto deste encargo a medio propio o Servizo Galego de Saúde destinará a cantidade de 80.660,94 €, de conformidade co orzamento presentado pola empresa Tragsatec, e con cargo á aplicación orzamentaria 5001 412A 227 99, código do proxecto 2014 00042, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

– Prazo de vixencia:

O encargo estará vixente ata a finalización do réxime de intervención do servizo, establecéndose unha duración inicial de 6 meses, sen prexuízo da súa prórroga ou, de ser o caso, da súa finalización antes do remate dese prazo inicial, por mor da finalización da intervención.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade