Antecedentes:
1. Mediante a Orde do 24 de abril de 2024 (DOG núm. 89, do 7 de maio) establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvención para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
2. Unha vez transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.
3. Rematado o prazo de emenda, a Comisión de Valoración, como órgano colexiado encargado de informar e valorar as solicitudes, emitiu a proposta de resolución de acordo cos criterios establecidos no artigo 15 da convocatoria.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística é o órgano competente para instruír o procedemento administrativo e correspóndelle ao seu titular formular o informe proposta das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, que resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o estipulado na Orde do 28 de xuño de 2024 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nos departamentos territoriais desta consellería (DOG núm. 130, do 5 de xullo).
2. No artigo 18 das bases establécese que o prazo máximo para resolver a concesión de axudas non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da publicación da orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia (do 7 de maio de 2024).
De acordo co anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta secretaría
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 43.02.151A.470.1 que figuran no anexo I desta resolución.
Segundo. Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II, polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente.
Terceiro. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Secretaría Xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como ás sancións impostas aos beneficiarios.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 24 de abril de 2024, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024
Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua
ANEXO I
Número de expediente |
Solicitante |
Título |
Importe |
2024/0001 |
Xerme Edicións, S.L. |
Bioloxía e Xeoloxía. 4º secundaria. Revoa |
4.014,20 € |
2024/0002 |
Xerme Edicións, S.L. |
Ciencias da Natureza. 2º primaria. Revoa |
3.910,00 € |
2024/0003 |
Xerme Edicións, S.L. |
Ciencias da Natureza. 4º primaria. Revoa |
3.127,00 € |
2024/0004 |
Xerme Edicións, S.L. |
Ciencias da Natureza. 6º primaria. Revoa |
3.967,00 € |
2024/0005 |
Xerme Edicións, S.L. |
Ciencias Sociais. 2º primaria. Revoa |
4.089,65 € |
2024/0006 |
Xerme Edicións, S.L. |
Ciencias Sociais. 4º primaria. Revoa |
4.130,00 € |
2024/0007 |
Xerme Edicións, S.L. |
Ciencias Sociais. 6º primaria. Revoa |
4.504,48 € |
2024/0008 |
Xerme Edicións, S.L. |
Xeografía e Historia. 2º secundaria. Revoa |
4.106,10 € |
2024/0010 |
Xerme Edicións, S.L. |
Xeografía e Historia. 4º secundaria. Revoa |
4.443,17 € |
2024/0011 |
Xerme Edicións, S.L. |
Lingua Galega e Literatura. 2º primaria. Revoa |
4.621,61 € |
2024/0012 |
Xerme Edicións, S.L. |
Lingua Galega e Literatura. 4º primaria. Revoa |
4.688,32 € |
2024/0013 |
Xerme Edicións, S.L. |
Lingua Galega e Literatura. 6º primaria. Revoa |
5.086,71 € |
2024/0014 |
Xerme Edicións, S.L. |
Música e Danza. 2 primaria. Revoa |
1.090,00 € |
2024/0015 |
Xerme Edicións, S.L. |
Música e Danza. 4 primaria. Revoa |
1.530,00 € |
2024/0016 |
Xerme Edicións, S.L. |
Música e Danza. 6 primaria. Revoa |
1.770,00 € |
2024/0017 |
Xerme Edicións, S.L. |
Relixión Católica. Eden. 2º primaria. Revoa |
3.922,26 € |
2024/0018 |
Xerme Edicións, S.L. |
Relixión Católica. Eden. 4º primaria. Revoa |
3.615,89 € |
2024/0019 |
Xerme Edicións, S.L. |
Relixión Católica. Eden. 6º primaria. Revoa |
1.334,90 € |
2024/0020 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 2. Comunidade Zoom |
4.535,09 € |
2024/0021 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 2. Comunidade Zoom |
4.627,01 € |
2024/0022 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 4. Comunidade Zoom |
4.412,56 € |
2024/0023 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 4. Comunidade Zoom |
4.749,64 € |
2024/0024 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias da Natureza 6. Comunidade Zoom |
4.473,88 € |
2024/0025 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Ciencias Sociais 6. Comunidade Zoom |
4.933,48 € |
2024/0026 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Xeografía e Historia 2. Comunidade en Rede |
5.546,31 € |
2024/0027 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Xeografía e Historia 4. Comunidade en Rede |
5.668,94 € |
2024/0028 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Bioloxía e Xeoloxía 4. Comunidade en Rede |
4.841,56 € |
2024/0029 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Filosofía 4. Comunidade en Rede |
4.872,16 € |
2024/0030 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Historia da Filosofía. Comunidade en Rede. 2º bach. |
4.627,01 € |
2024/0031 |
Editorial Vicens Vives, S.A. |
Historia de España. Comunidade en Rede. 2º bach. |
4.719,03 € |
2024/0032 |
Edebé Educación, S.L. |
Ciencias Sociais 4 |
5.117,32 € |
2024/0033 |
Edebé Educación, S.L. |
Historia da Filosofía. 2º bach. |
4.443,17 € |
2024/0034 |
Edebé Educación, S.L. |
Lingua Galega e Literatura. 2º bach. |
5.148,02 € |
2024/0043 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Bioloxía e Xeolocía. 4º ESO |
4.627,01 € |
2024/0044 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Xeografía e Historia. 2º ESO |
5.362,47 € |
2024/0045 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Historia. 4º ESO |
5.148,02 € |
2024/0046 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Historia de España. 2º bacharelato |
5.668,94 € |
2024/0047 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Historia da Filosofía. 2º bacharelato |
4.535,09 € |
2024/0048 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Bioloxía e Xeoloxía. 2º bacharelato |
4.193,12 € |
2024/0049 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Lingua e Literatura. 2º bacharelato |
5.331,86 € |
2024/0050 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias da Natureza. 2º primaria |
4.627,01 € |
2024/0051 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias Sociais. 2º primaria |
4.749,64 € |
2024/0052 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias da Natureza. 4º primaria |
4.627,01 € |
2024/0053 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias Sociais. 4º primaria |
4.933,48 € |
2024/0054 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias da Natureza. 6º primaria |
4.627,01 € |
2024/0055 |
Edicións Obradoiro, S.L. |
Ciencias Sociais. 6º primaria |
4.902,87 € |
Total |
200.000,00 € |
ANEXO II
Número de expediente |
Solicitante |
Título |
Motivo de denegación |
2024/0009 |
Xerme Edicións, S.L. |
Caderno de Lingua Galega e Literatura. 2 primaria. Revoa |
Artigo 8.3 (valórase conxuntamente co expediente 11) |
2024/0035 |
Jéssica Fernández Cabaleiro |
Ciencias Naturais 1 |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0036 |
Jéssica Fernández Cabaleiro |
Ciencias Sociais 1 |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0037 |
Jéssica Fernández Cabaleiro |
Ciencias Naturais 3 |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0038 |
Jéssica Fernández Cabaleiro |
Ciencias Sociais 3 |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0039 |
Jéssica Fernández Cabaleiro |
Ciencias Naturais 5 |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0040 |
Jéssica Fernández Cabaleiro |
Ciencias Sociais 5 |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0041 |
Baía Edicións A Coruña, S.L. |
Historia da Filosofía. 2º bach. |
Art. 15.1.a)3.5 último parágrafo |
2024/0042 |
Grupo Anaya, S.A. |
Lectoescritura. 1º educación primaria. Operación Mundo |
Art. 15.1.a)1.3 último parágrafo |
2024/0056 |
Editorial Galaxia, S.A. |
Mover Ficha |
Non se trata dun recurso didáctico curricular nin complementario. |