DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 20 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS626F (expediente 15054003824R e dous máis) e BS618D (expediente 15058002124E e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 20 de xuño de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

15054003824R

Z0817795N

Requirimento de emenda da solicitude

27.5.2024

15030014224R

32940521J

Requirimento de emenda da solicitude

24.5.2024

15078003924R

45907277J

Requirimentode emenda da solicitude

24.5.2024

ANEXO II

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

15058002124E

I20012912

Requirimento de emenda da solicitude

15.5.2024

15017001924E

46897759T

Requirimento de emenda da solicitude

14.5.2024

15073002224E

Y0870953A

Requirimento de emenda da solicitude

15.5.2024

15030013524E

I20012991

Requirimento de emenda da solicitude

31.5.2024