Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación do acto administrativo no último domicilio coñecido da persoa interesada que se cita no anexo sen que este se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa emprazándoa para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.
Vigo, 8 de xullo de 2024
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento BS650G
Nº de expediente |
DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto do requirimento |
36/00318-X/09 |
10488590S |
Requirimento de documentación |
27.3.2024 |