En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real Decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada Grande Mesada número 276, presentada polo promotor Canteras Isidro Otero, S.L. A dita explotación mineira está situada no termo municipal de Mondoñedo, na provincia de Lugo.
O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental, o plan de restauración e demais documentación anexa, atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 28 de xuño de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo