DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que se concrete o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 12 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/237-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos e substitución de apoios na LMTA GON805.

Concello: Nigrán.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

54035A036000310000HT

José Figueroa Rodríguez

3

54035A036000810000HZ

Carmen Hermida Hermida