DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45185

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 116, do 17 de xuño de 2024, foron publicadas integramente as bases que regulan a convocatoria para a praza de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa (grupo C, subgrupo C1) mediante o sistema de oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas súas bases reguladoras.

Ortigueira,10 de xullo de 2024

José Valentín Calvín Fondevila
Alcalde