DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45183

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO da oferta de emprego de 2024.

No Diario Oficial de Galicia número 103, do 29 de maio de 2024, na sección VI. Anuncios, B) Administración local na páxina 32650, este concello publicou o anuncio da oferta de emprego público para o ano 2024.

Advertido erro material na súa redacción, repetimos a publicación cos datos correctos.

En cumprimento do disposto no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo Acordo do alcalde do Concello de Cortegada (Ourense), do 6 de maio de 2024, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2024, segundo o seguinte detalle:

Denominación

Dependencia

Grupo/Subgrupo

Nº de vacantes

Sitema de acceso

Vinculación laboral

Operario/a de servizos varios

Área do territorio

V

1

Concurso-oposición

Laboral

Arquitecto/a técnico/a

Área do territorio

A2

1

Oposición libre

Funcionario de carreira

Esta oferta de emprego público deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

O que se fai público para xeral coñecemento, e advírtense os interesados de que contra o devandito acordo poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía do Concello de Cortegada (Ourense), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo con sede en Ourense, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 112.3 e 114.1.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que se poderá entender rexeitado por silencio administrativo.

Cortegada, 10 de xullo de 2024

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde