DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45181

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado POL-12 rúa Nova de Arriba, cruzamento (expediente 898/2023).

O Pleno da Corporación Municipal en sesión do 1.7.2024 adoptou o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado POL-12 Rúa Nova de Arriba. Cruce, Bueu (Pontevedra), segundo a documentación do 27.5.2024 (RE núm. 2024-RE-E-1852), e atópanse dentro do ámbito as parcelas de referencias catastrais 6061211NG1866S0001YW e 6061212NG1866S0001GW:

«1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado POL-12 Rúa Nova de Arriba. Cruce, en Bueu, promovido de oficio, segundo a documentación presentada por Antonio Agustín Iglesias Álvaro-Gracia (DNI ...3399..), mediante escrito do 27.5.2024 (RE núm. 2024-E-RE-1852).

2. Notificar este acordo aos interesados, así como proceder á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016. Deberase realizar á inscrición do instrumento no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 208 e seguintes do Decreto 143/2016, e ao que dispoña para ese efecto a lexislación vixente en materia de réxime local. A solicitude de inscrición do instrumento no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia levarase a cabo mediante o correspondente modelo normalizado establecido pola Orde do 10 de marzo de 2017 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición, modificación e certificación de datos no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, previstas no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199 de Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Para estes efectos, o documento estudo de detalle POL-12 Rúa Nova de Arriba. Cruce estará dispoñible na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no Portal de transparencia da súa sede electrónica (bueu.sedeelectronica.gal).

Bueu, 9 de xullo de 2024

Félix Juncal Novas
Alcalde