Neste concello estase a tramitar o expediente de delimitación de solo de núcleo rural en Subarreiro, parroquia de Luaces, termo municipal de Pol (Lugo).
Mediante o Acordo plenario do 27 de xullo de 2023, esta corporación aprobou inicialmente o documento referido, que se somete a exposición pública, para os efectos de que se poidan presentar alegacións, polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Poderá consultar o expediente nas oficinas municipais e na páxina web do Concello de Pol.
Pol, 23 de xaneiro de 2024
Lino Rodríguez Ónega
Alcalde