Mediante os decretos da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030 do 8 de xullo de 2024, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro anexo.
De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o ordinal 1º deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, ponse en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto encóntrase á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo a notificación enténdese producida, as persoas interesadas poderán interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación.
Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.
Nº de expediente |
Nombre/DNI/CIF |
Referencia catastral |
2197/2023 |
08389970F |
36054A024006800000EH |
2198/2023 |
08389970F |
36054A024006800000EH |
Tomiño, 10 de xullo de 2024
A alcaldesa
P.D. (Decreto do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030