DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 1 de agosto de 2024 Páx. 45166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Dumbría (expediente DH.V15.85436).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Servicios Industriales y Ambientales Vimianzo, S.L.

NIF: B-15832405.

Expediente: DH.V15.85436.

Lugar: Monteagudo.

Parroquia: Salgueiros.

Concello: Dumbría.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual: 13.398 m3/ano.

Punto de vertido: X=486.799; Y=4.761.892.

Medio receptor: Rego de Prado (bacía do río do Castro).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas nas instalacións son tratadas mediante un separador hidrodinámico seguido dunha balsa de laminación, antes da súa vertedura á cuneta do camiño municipal Salgueiros-Buxantes, pola que discorren ata acadar a estrada AC-552, incorporándose finalmente ao Rego de Prado (cunca do río do Castro).

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras