O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu punto 2, a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.
O 23 de maio de 2024 a Xunta de Galicia aprobou o proxecto de construción da adecuación do noiro do punto quilométrico 29+680-29+720, na marxe dereita (MD) da autovía AG-11, ao contido do auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, de clave AC/03/036.01.1, no concello da Pobra do Caramiñal, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 104, do 30 de maio de 2024.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento de 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello da Pobra do Caramiñal, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Termo municipal da Pobra do Caramiñal.
Lugar: concello da Pobra do Caramiñal.
Data: 9 de agosto de 2024, ás 10.30 horas.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello da Pobra do Caramiñal e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0353.html
Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, procederá ao pago, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.
En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e data que se indican:
Termo municipal da Pobra do Caramiñal
Lugar: concello da Pobra do Caramiñal
Data: 21 de outubro de 2024, ás 10.30 horas.
No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.
O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberá identificarse co documento nacional de identidade.
A Coruña, 5 de xullo de 2024
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña