De conformidade co disposto pola disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 (DOG núm. 208, do 31 de outubro) pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol da seguinte asociación:
– Asociación Parkinson Ferrol.
Ferrol, 24 de xullo de 2024
Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol