A Resolución do 29 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 16, do 23 de xaneiro de 2024) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas de investigación e de ensaio e experimentación no marco da RIS3 Galicia 2021-2027, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e procedeu á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN607E).
Os artigos 3 e 4 da convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, as entidades beneficiarias e as infraestruturas apoiadas para poder optar ás axudas.
Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación presentada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor admitiu todas as solicitudes e remitiunas ao persoal experto da Axencia Galega de Innovación para a súa avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 22 das bases reguladoras.
A Comisión de Selección prevista no artigo 21 das bases reguladoras, reuniuse o 10 de xuño de 2024 e elaborou unha listaxe onde se reflicten as puntuacións acadadas por cada solicitude xunto co orzamento proposto para ser subvencionado, así como a intensidade da axuda, o importe de subvención proposto e a denominación do tipo de infraestrutura.
Unha vez realizada a instrución do procedemento, á vista do informe emitido pola Comisión de Selección e a proposta do órgano instrutor,
RESOLVO:
Conceder as axudas aos proxectos de infraestruturas de investigación que figuran no anexo I, por orde decrecente de puntuación.
Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa Feder Galicia 2021-2027; obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación; prioridade P1A «Transición dixital e intelixente»; obxectivo específico: RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas»; liña de actuación 1.1.01. «Mellora das capacidades dos centros de I+D+i».
As axudas propostas imputarase á aplicación orzamentaria 09.A2.561A.781.0, na que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o Presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Solicitudes concedidas
Expediente |
Título do proxecto |
Nota |
NIF |
Entidade Solicitante |
Orzamento subvencionable |
% |
Subvención |
2024 |
2025 |
2026 |
IN607E 2024/02 |
Plan de equipamentos de I+D para tecnoloxías asociadas á mobilidade autónoma, conectada, segura e ecolóxica |
75,00 |
G36871424 |
Fundación para a Promoción da Innovación, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico da Industria da Automoción de Galicia (CTAG) |
8.000.000,00 € |
50 |
4.000.000,00 € |
2.053.712,38 € |
1.935.366,25 € |
10.921,37 € |
IN607E 2024/03 |
Circular Excellence CETIM |
59,10 |
G70302427 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) |
883.007,20 € |
50 |
441.503,60 € |
109.945,08 € |
238.915,53 € |
92.642,99 € |
IN607E 2024/04 |
Infraestrutura de investigación para tecnoloxías de alto impacto |
58,00 |
G36997229 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (Gradiant) |
525.902,14 € |
50 |
262.951,07 € |
258.749,54 € |
4.201,53 € |
0,00 € |
IN607E 2024/01 |
Infraestruturas singulares para fabricación intelixente e sustentable-Smart & Sustainable Manufacturing CentrE |
53,10 |
G36606291 |
Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen) |
6.429.114,66 € |
50 |
3.214.557,32 € |
117.294,86 € |
1.426.103,33 € |
1.671.159,13 € |