Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 16 de maio de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre AP.6 e AP.29», nos concellos de Brión e Noia (expediente IN407A 2022/257-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 17 de xullo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre o apoio nº 6 e o apoio nº 29
Concello de Noia.
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Herdeiras/os de Francisco Rial Coiradas |
Polígono 1, |
Riba de Fonte Cornadas |
Novo apoio 7N |
4 |
Arboredo |
Concello de Brión.
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
4 |
Mª de los Ángeles Míguez Pedrades |
15013A014000940000UO polígono 14, parcela 94 |
Pouso |
Novo apoio 28N |
4 |
Matogueira |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.