Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Titular: Acciona Recarga, S.L. (B87797361).
Domicilio social: Gran Vía de Hortaleza, 3, 28033 Madrid.
Denominación do proxecto: proxecto de instalación de centro de seccionamento de compañía e entroncamento subterráneo para puntos de recarga de vehículo eléctrico, Edif. Ikea, A Coruña.
Situación: estrada Baños de Arteixo, núm. 45, C.C. Marineda City, 15008 A Coruña.
Características técnicas:
Instalacións que se cederán á compañía distribuidora:
Liña de alta tensión soterrada con inicio e fin nos empalmes proxectados na liña GRN760 de distribución existente no tramo comprendido entre o CT 15SHBR e o CS 15CGHM, realizando entrada e saída no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 2× (3×240 mm2), Al, lonxitude 15 m.
Centro de seccionamento prefabricado, composto por tres celas de liña (dúas delas telecontroladas) e unha cela de servizos auxiliares (24 kV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 19 de xullo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña