Mediante a Orde do 14 de xuño de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 26 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino á persoa funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 14 de xuño de 2024.
Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión no novo destino deberá realizarse no prazo de tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles se comporta cambio de residencia; ou dun mes, se implica o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a de aquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
ANEXO I
Apelidos e nome: Vázquez Abeal, Sol María.
DNI: ***5950**.
Grupo/subgrupo: A1.
Corpo ou escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código: IN.O11.00.000.15770.001.
Denominación do posto: subdirector/a xeral.
Nivel: 30.
Dependencia: Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI móstrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.