Mediante a Resolución do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, procedeuse á apertura do prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo que se atopase en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública (DOG número 246, do 29 de decembro).
Mediante a Resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicouse a listaxe provisional de admitidos e excluídos aos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo que se atope en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública (DOG número 125, do 28 de xuño).
Rematado o prazo de alegacións, e consonte o recollido no punto sexto da Resolución do 13 de novembro, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas aos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo que se atope en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública.
A listaxe definitiva poderá consultarse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/funcionarizacion/excedencias
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal