No BOPPO núm. 228, do 29 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais, e no BOPPO núm. 25, do 6 de febreiro de 2023 e no BOPPO núm. 26, do 7 de febreiro de 2023, publicouse unha corrección de erros sobre elas e publicáronse as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Ribadumia, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 95, do 19 de maio de 2022, e que a continuación se relacionan:
Denominación |
Grupo |
Núm. prazas |
Sistema selectivo |
Relación |
Técnico/a de Urbanismo |
A1 |
1 |
Concurso - oposición |
Laboral |
Monitor sociocultural |
C2 |
1 |
Concurso - oposición |
Laboral |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.
Ribadumia, 23 de xullo de 2024
David José Castro Mougán
Alcalde