No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 127, do 3 de xullo de 2024, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:
Persoal laboral fixo:
– Unha (1) praza de conserxe, persoal laboral fixo, grupo V.
Sistema selectivo: concurso-oposición pola quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Sada, 9 de xullo 2024
Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde