No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 136, do 12 de xullo de 2024, publicouse anuncio da Resolución da Alcaldía, do 4 de xullo de 2024 (nº 2024-0893), pola que se aprobaron as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal funcionario de carreira da categoría oficial, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase Policía local, mediante concurso-oposición por promoción interna.
As bases da convocatoria tamén se encontran expostas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui (http://concellotui.sedelectronica.gal) e, de forma complementaria, na páxina web municipal www.tui.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Tui, 12 de xullo de 2024
Enrique Cabaleiro González
Alcalde