DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Manuel Senra Díaz.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 18 de setembro de 2023 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Manuel Senra Díaz (ABI/2017/0076).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. n. número 236, do 3.10.2023), no Diario Oficial de Galicia (DOG número 186, do 29 de setembro), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 19 de xuño de 2012 nas Pontes de García Rodríguez, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello das Pontes de García Rodríguez, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Durante a tramitación do procedemento non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do cadal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6 e 20 bis.8.

Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Manuel Senra Díaz, con DNI 79397390S, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles urbanos:

– Piso terceiro, tipo A, portal número 3, do edificio sen número con fachada ás rúas Cabanas e prolongación da rúa Ares, hoxe número 33 da rúa Cabanas, na vila das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), ten como anexo o rocho sinalado co número 3º A, no andar baixo cuberta deste corpo. Ten unha superficie útil de 61 m2 e construída de 86,85 m2. Estrema: fronte, voo da prolongación da rúa Ares; dereita, vivenda tipo D do mesmo andar do portal número 4; esquerda, vivenda tipo B do mesmo andar e corpo e corredor; fondo, voo dun dos patios de luces e vistas interior do inmoble e corredor de acceso.

Referencia catastral: 3418018NJ9131N0048MG.

Valor catastral: 29.488,93 €.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Narón, tomo 1.618, libro 100, folla 168, inscrición 3ª.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 0230 6630 0011 2650

– Abanca, conta de aforro: 2080 5200 3730 0000 8453

– Abanca, conta a prazo: 2080 5200 3538 1001 1193

– Abanca, conta de valores: 464.0230.2803688

– Abanca, fondo de inversión: Abanca Renta Fija Patrimonio, FI

– Abanca, fondo de inversión: C. Galicia Rendimiento Gar.2

– Banco Sabadell, conta de aforro: 0081 2286 13 0006009813

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez por prazo non inferior a trinta días naturais.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio