DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/086-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA SAG703 no tramo entre os apoios núm. 177 e núm. 186.

Situación: lugar da Meda, concello da Veiga.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMT SAG703, dos apoios núm. 177, 178, 179, 180, 181, 182, 183, 184 e 185 por apoios de celosía metálica, do tipo C-14/1000, C-14/1000, C-14/2000, C-14/1000, C-14/1000, C-14/1000, C-14/1000, C-14/1000 e C-14/1000 respectivamente.

• Instalación de 715 m de novo condutor LA-56, en substitución do condutor existente, entre os apoios proxectados núm. 177 e 185.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 12.6.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 12 de xullo de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/086-3.

Concello: A Veiga.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA SAG703 no tramo entre os apoios núm. 177 e núm. 186.

Predios

Propietarios

Referencia catastral

Afección apoio

Número

Lugar

Cultivo

Número

Superficie ocupada (m2)

2

Pena da Asgue

Monte baixo

Descoñecido/a

32084A048004130000RW

178

2

3

O Porto

Monte baixo

Descoñecido/a

32084A048002370000RK

179

2

4

Veiga

Monte baixo

Olimpia Vega

32084A045003820000RJ

180

2

5

Traslaira

Prado

Ángela Jares Vega

32084A045004150000RZ

181

2

5/1

Traslaira

Monte baixo

Descoñecido/a

32084A045004140000RS

182

1

6

Traslaira

Monte baixo

Descoñecido/a

32084A045004240000RY

182

1

7

Traslaira

Monte baixo

Descoñecido/a

32084A045004380000RD

183

2

8

O Santo

Monte baixo

Descoñecido/a

32084A045005430000RS

184

2

9

O Santo

Monte baixo

José Domingo Fernández Primo

32084A045005420000RE

185

2