Expediente: IN407A 2022/219-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTA e instalación reconectador no apoio 9SF9BU61//9SF8KF48.
Concello: Meaño.
Feitos:
1. O 11.5.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA e instalación reconectador no apoio 9SF9BU61//9SF8KF48.
O proxecto de execución que se achega coa solicitude foi asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado LE 1010 do COIILE, e nel figura un orzamento total de 17.441,56 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións na liña de media tensión aérea VLG803 Santa Mariña-Sisán 3, no concello de Meaño (Pontevedra):
Substitución do apoio de formigón 9SF9BU61//9SF8KF48 por un apoio de celosía C-3000/14.
Substitución de 84 metros do condutor LA-80 existente entre o apoio 9SDR77MF//9SDQFQKN e o apoio proxectado.
Retensado de 120 metros do condutor LA-80 entre o apoio proxectado e o apoio existente 9SHJVCN6//9SHJVCN5.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Meaño, que non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
3. Mediante escrito do 5.9.2022 este departamento territorial notificoulle a solicitude da autorización administrativa previa, da autorización administrativa de construción e da declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica á persoa que figura afectada pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 5.9.2022, publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 27.9.2022.
Xornal Faro de Vigo: 21.9.2022.
Taboleiro de anuncios do Concello de Meaño, desde o 8.9.2022 ata o 20.10.2022, segundo o certificado emitido polo propio concello.
Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
5. O 4.10.2022, Manuel Troncoso Naveiro alegou o elevado custo económico que lle suporá a reestruturación da plantación de vides que se encontra afectada pola substitución do apoio. Ademais, propón que se leven a cabo as obras proxectadas na parcela de enfronte ou en calquera das estremeiras.
6. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora. Na súa resposta UFD destaca que a afección provocada pola substitución do apoio é mínima (2 m2), o que non impide continuar coa plantación de albariño; ademais, o apoio sitúase baixo o trazado existente para non afectar terceiros.
7. O 27.10.2022, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia (COEIG) presentou unha alegación en que solicitaba que non se admita ou, de ser o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública. En síntese, alega que o proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial, sen especificar a súa especialidade, o que impide apreciar a competencia do enxeñeiro, xa que nas atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.
8. Déuselle traslado desta alegación á empresa promotora. Esta destaca que os enxeñeiros técnicos industriais teñen atribucións plenas e ilimitadas dentro da súa especialidade e parcialmente limitadas nas demais especialidades industriais. Estas limitacións noutras especialidades industriais son: industriais ou instalacións mecánicas, químicas ou eléctricas cuxa potencia non exceda os 250 CV, a tensión, os 15.000 V, e o seu persoal, as cen persoas. O límite de tensión será de 66.000 V cando as instalacións se refiran ás liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica. No presente proxecto non é necesario que o enxeñeiro técnico industrial especifique á súa especialidade, pois as instalacións eléctricas proxectadas (liñas de distribución e a súa tensión) non superan os 66.000 V.
9. Os servizos técnicos deste departamento territorial, á vista da documentación contida no expediente, analizaron todas as alegacións presentadas e emitiron o correspondente informe, en que conclúen que non se presentan obxeccións para que se poida continuar co trámite da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento, de acordo co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Con relación ao elevado custo económico da reestruturación do viñedo, informan que o poderán poñer de manifesto na presentación da folla de valoración que requirirá este departamento territorial. Ademais, nese momento, o titular concretará o valor en que estime o obxecto que se expropia, tal como se indica no artigo 30 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.
Respecto ao trazado alternativo proposto, o alegante non xustifica o cumprimento conxunto dos puntos do artigo 161, Limitacións á constitución de servidume de paso, do Real decreto 1955/2000.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
Substitución do apoio 9SF9BU61//9SF8KF48 da LMT VLG803 Santa Mariña-Sisán 3, por un C-3000/14, no cal se instala un interruptor reconectador.
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-80, de 84 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9SSDR77MF//9SDQFQKN e final no apoio proxectado C-3000-14 9SF9BU61//9SF8KF48.
A instalación está situada en Meaño (Pontevedra).
4. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o seu contido, as respostas do promotor e o informe dos servizos técnicos deste departamento territorial, exponse:
Con relación ao prexuízo que causa a instalación do apoio na parcela, cabe sinalar que, unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, as persoas interesadas serán informadas do trámite de levantamento de actas previas á ocupación. Nese momento, de forma concreta, por unha parte débese describir e delimitar o obxecto de expropiación e, por outro lado, débense describir as afeccións concretas que comporta a expropiación.
De todas as maneiras, poderase poñer de manifesto a perda de valor da parcela na presentación da folla de valoración, momento no cal o titular concretará o valor que considere, como se indica no artigo 29 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.
Ademais, o artigo 23 da Lei de expropiación forzosa permite ao propietario solicitar da Administración, nos casos de expropiación parcial dunha parcela e cando, como consecuencia diso, resulte antieconómica a conservación do resto da parcela non expropiada, que a expropiación comprenda a súa totalidade.
Sobre a proposta de trazados alternativos, cabe destacar que para que un trazado alternativo prospere se teñen que dar todas as condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro. O trazado proposto non cumpre co conxunto dos puntos do mencionado artigo. En todo caso, considerarase non admisible a variante cando o custo desta sexa superior nun 10 % ao orzamento da parte da liña afectada pola variante.
Con respecto ás alegacións presentadas polo COEIG, considérase que se xustifica a competencia profesional ao non se superar a limitación cuantitativa de 66 kV de tensión, referida a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica, establecida no Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño, sobre atribucións dos peritos industriais. Esta determinación foi ratificada pola Sentenza do 9 de xullo de 2002, do Tribunal Supremo, ditada no ámbito do recurso de casación núm. 7785/1994, que se sustenta na idea de que «na asignación de atribucións dos antigos peritos que a favor dos enxeñeiros técnicos fai o artigo 2.4 da Lei 12/1986, non hai ningunha limitación por razón de especialidade, e que isto fai que esas atribucións deban considerarse xenéricas», polo que os enxeñeiros técnicos «son organizados segundo especialidades e, dentro de cada unha destas, lles é recoñecida a plenitude de atribucións e facultades profesionais» pero «subsisten as antigas facultades xenéricas con límites cuantitativos» que o RDL de 1977 atribúe aos antigos peritos.
Por último, este proxecto ten entre os seus obxectivos o cambio dun apoio polo seu mal estado. Recórdase que son obrigas da empresa distribuidora o mantemento e a seguridade das instalacións eléctricas.
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA e instalación reconectador no apoio 9SF9BU61//9SF8KF48 (expediente IN407A 2022/219-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 12 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Meaño
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
núm. |
m2 |
|||||
|
1 |
Codeseiras |
Viña secaño |
36027A035002230000MX |
Manuel Troncoso Naveiro |
1 |
2 |
