En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Fernando José López Soto.
DNI: ***8647** .
Expediente: DH.A15.97249.
Volume total anual: 131,40 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,67 l/s.
Orixe: x= 564.404; y= 4.811.460 (UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: Redondo.
Parroquia: Franza (Santiago).
Concello: Mugardos (A Coruña).
Destino: abastecemento.
Lugar: O Vaqueiro.
Parroquia: Maniños (San Salvador).
Concello: Fene (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
A captación realízase a través dun pozo de barrena de 37 m de profundidade e condúcese a unha distancia de 81 m a través dunha tubaxe de 32 mm de polietileno, ata un depósito situado nas coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 seguintes:
X= 564.451, Y= 4.811.417. Referencia catastral 15052A019002200000YY.
A condución entre o pozo e o depósito discorre polas parcelas con referencia catastral 15052A002000880000MI, 15052A002000890000MJ e 15052A019002200000YY.
A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, número 2, 9º andar, 15008 da Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
A Coruña, 8 de xullo de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
