DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 6 de agosto de 2024 Páx. 45470

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 23 de xullo de 2024 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Cultural Galega Xistral.

Unha vez examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Cultural Galega Xistral con domicilio no lugar do Castelo, número 33A, en Lérez-Pontevedra.

Feitos:

1. O 19 de abril de 2024, Xosé María Argibay Torres, vicepresidente do Padroado da Fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Cultural Galega Xistral constituírona Ana Cristina Juncal Blanco e Xosé María Argibay Torres, mediante escritura pública outorgada o 4 de abril de 2024, ante o notario de Pontevedra Ramón Mucientes Silva, co número de protocolo 343.

3. A Fundación, consonte o artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto «a conservación, a defensa e a promoción da lingua e da cultura galega e da identidade nacional de Galicia».

4. O Padroado inicial da Fundación está formado por Ana Cristina Juncal Blanco, como presidenta; Xosé María Argibay Torres, como vicepresidente; Antía Argibay Juncal, como secretaria; e Miguel Argibay Juncal, como vogal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Cultural Galega Xistral, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do Padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Consonte o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a esta Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 9 de xullo de 2024.

DISPOÑO:

Clasificar de interese cultural a Fundación Cultural Galega Xistral, e adscribila ao protectorado da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; pódese interpoñer no prazo dun mes, previamente e con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, de conformidade co artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes