De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
|
Instalación: matadoiro de gando vacún e porcino, con sala de despece, conservación e preparación de carnes |
Trámite: extinción da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Frigoríficos Conchado, S.A. |
|
|
Localización: concello de Culleredo (A Coruña) |
Número de rexistro AAI: 2007/0181_NAA/IPPC_243 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, para o que debe utilizar o seguinte o código de busca: 2007-0181, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
