DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 6 de agosto de 2024 Páx. 45515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANI-PO-0025/2024 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos ou porque intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 18 de xullo de 2024

O director territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 137/2024, do 20 de maio; DOG do 27 de maio)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

ANI-PO-0025/2024

35971943N

Incoación

O director territorial

ANI-PO-0028/2024

Y6875259K

Incoación

O director territorial

ANI-PO-0035/2024

35466931B

Incoación

O director territorial

ANI-PO-0036/2024

53612928C

Incoación

O director territorial

ANI-PO-0051/2024

33347081W

Incoación

O director territorial

ANI-PO-0052/2024

44093382J

Incoación

O director territorial

ANI-PO-0057/2024

Y7809434M

Incoación

O director territorial