De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, número 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 18 de xullo de 2024
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
ANI-LU-0021/2024-V |
33557824L |
Proposta de resolución |
Pola instrutora |
