DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 6 de agosto de 2024 Páx. 45542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xullo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.67778).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Celeirón.

Expediente: DH.A36.67778.

Volume total anual: 17.809,725 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,20 l/s.

Destino: doméstico, gandeiro e rega.

Orixe: x= 536535, y= 4728230 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Arieira.

Parroquia: Santo André de Vea (Santo André).

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas subterráneas na parcela 36017E517007300000HD mediante captación horizontal en tubo de PVC para drenaxe de 160 mm de diámetro e 34,5 m de lonxitude. O tubo de captación evacúa a auga directamente á caseta de reparto 1 situada nun terreo baldío entre a parcela da captación e unha pista de terra. Os usuarios con arqueta individual na caseta 1 abastecen desde este punto as vivendas e explotacións gandeiras atravesando leiras e pistas da zona. Mediante tubo de PE soterrado subminístrase a auga á caseta de reparto 2 situada na parcela 36017E515003790000HQ da que saen 4 tubos individuais para o abastecemento do resto de usuarios.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
Galicia Centro