O director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), vista a documentación recibida durante o trámite de información pública, ditou o 24 de xullo de 2024 a seguinte resolución:
«Resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o documento Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (en diante, CHUS) e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/23/030.06.
Antecedentes de feito.
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 17 de xuño de 2024, publicouse o Anuncio do 10 de xuño de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o documento Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao CHUS e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido, de clave AC/23/030.06.
Segundo. O 24 de xullo de 2024, logo de finalizar o trámite de información pública sen formularse alegacións de particulares nin recibirse informes por parte das administracións afectadas, emítese o informe-proposta para a resolución do procedemento.
Fundamentos de dereito.
Primeiro. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informes das administracións afectadas, de acordo co Decreto 118/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG num. 179, do 20 de setembro).
Segundo. Someteuse ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra, durante un período de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa.
De acordo con todo o exposto, e logo dos informes e os certificados presentados,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar o expediente de información pública do documento Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao CHUS e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/23/030.06.
Segundo. Aprobar o documento denominado Expropiacións complementarias no eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos O Milladoiro-Estación Intermodal, acceso ao CHUS e Estación Intermodal-San Caetano, actuacións financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave AC/23/030.06, sen modificacións respecto á relación de bens e dereitos afectados recollidos no documento sometido a información pública.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/ ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas».
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
Carlos Lefler Gullón
Xefe da Área de Deseño de Infraestruturas
