Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTA e substitución dos apoios ASEUDI5N//31 e ASFDKOAJ//32 da LMTA PORT701.
Situación: Vila de Cruces.
Características técnicas:
Substitución dos apoios ASEUDI5N//31 e ASFDKOAJ//32 da liña de media tensión aérea (LMTA) PORT701, no tramo POR7017692, por dous apoios C-2000/18.
LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, de 62 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/18 (nº 1) e final no apoio proxectado C-2000/18 (nº 2).
A instalación está situada en Sobradelo, na parroquia de Loño, no municipio de Vila de Cruces (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 16 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2024/158-4.
Denominación: LMTA e substitución dos apoios ASEUDI5N//31 e ASDKOAJ//32 da LMTA PORT701.
Concello: Vila de Cruces.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||
|
Nº |
m2 |
ml aér. |
m2 aér. |
|||||
|
2 |
Ribadeiras |
Rústico |
36059A014000660000MX |
Celsa Santos Larea |
25,21 |
79,04 |
||
|
3 |
Novios |
Rústico |
36059A014000650000MD |
Juan Manuel Peiteado Contiña |
15,00 |
31,71 |
||
|
4 |
Gandarón |
Rústico |
36059A014004280000MA |
Hrdos. José Sánchez Vila |
4,80 |
10,00 |
||
|
5 |
Gandarón |
Rústico |
36059A014004270000MW |
Descoñecido/a |
5,30 |
7,15 |
||
|
6 |
Zarrola |
Rústico |
36059A014000360000MJ |
María del Carmen Asorey Alonso |
18,93 |
|||
|
8 |
Zarrola |
Rústico |
36059A014000340000MX |
María del Carmen Asorey Alonso |
1 |
1,69 |
18,82 |
106,13 |
|
9 |
Zarrola |
Rústico |
36059A014000310000MK |
Juan Manuel Peiteado Contiña |
2 |
1,69 |
57,14 |
40,66 |
