Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Soner Sorolla, S.L.U.
Denominación: sistema de almacenamento de 5 Mw BESS Sanxenxo e LSMT 20 kV BESS Sanxenxo.
Concello afectado: Sanxenxo.
Potencia máxima de funcionamento: 5 MW, cunha capacidade de almacenamento: 20 Mwh (duración 4 h).
Orzamento execución material: sistema de almacenamento de 5 Mw BESS Sanxenxo: 3.921.089,08 € e LSMT 20 kV BESS Sanxenxo: 28.005,90 €.
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 4 contedores destinados a albergar as baterías baseadas na tecnoloxía Lithium Iron Phosphate (LFP) en modalidade Stand-alone, cunha capacidade de enerxía utilizable de 5,015 Mwh cada un (limitada a 5 Mwh). Cada contedor de baterías componse por 6 rack (cada rack á súa vez por 8 módulos de baterías) e seis inversores do tipo DC/AC, modelo SC210HX.
– Inversor/transformador SUNGROW MVS5000-LV de 5 MW. Transformador de potencia aparente de 5 MVA con relación de transformación 0,69/20 kV.
– A planta BESS Sanxenxo, conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 20 kV ata a subestación SE Sanxenxo, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante cable illado RHZ1-OL 12/20 1×240 mm2 KAL + H16 Cu, dunha lonxitude de 171 metros (no proxecto orixinal a liña tiña unha lonxitude de 1.346 metros).
Con carácter previo á presente modificación, o proxecto orixinal tramitouse mediante resolución de información pública no Diario Oficial de Galicia o 13 de novembro de 2023 e anuncio no Diario Oficial de Galicia do 29 de maio de 2024 do informe de avaliación ambiental. As principais modificacións que se proxectan respecto do proxecto orixinal son a redución do número de contedores de baterías de 8 a 4 (aumentando a capacidade de cada un de 2,5 Mwh a 5 Mwh) e a redución da lonxitude da liña subterránea de 20 kV de 1.346 metros a 171 metros, derivado do cambio de parcela dentro do polígono a unha parcela máis próxima á subestación SE Sanxenxo.
Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental segundo o establecido no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no Real decreto 445/2023, do 13 de xuño, polo que se modifican os anexos I, II e III da Lei 21/2013, do 9 de decembro.
O que se fai público, de conformidade cos artigos 115 e 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo de trinta días, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, teléfono de consultas: 986 80 52 25. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
Pontevedra, 22 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
